16/8/23

Lume e noite

                    A Aurora Marco, Nosa Señora das Letras 2023



As gaiteiras


A noite

envólveas

chea de música.





As cacharreiras


O lume

réndese ao fin

ao seu dominio.



27/5/23

Fotografía

 

Viaxa o desexo
do xeonllo á coxa.
Lume en tránsito.



29/11/22

O final

 
Ceo da Terrá Chá, xullo 2015. TeiS

10/9/22

Pequena homenaxe


As que tendemos a chegar tarde

ben deitamos

das que sempre andan a tempo.





2/7/22

A espera

 

Contribución ao VI Certame de Vilariñas 2022

6/5/22

Lei de vida


 

23/2/22

A memoria

 



31/12/21

Vontade de derrama


Nunca hai queixa

             cando prega o dispendio

                                      do albaroque.


16/11/21

Sempre en Saor


A taberna da Inés
estaba escura e sen xente

a estrelecida Demonte
acolle a Galván por sempre
-baixo o voo do falcón-



23/9/21

Ficar sen verbas

 

Chuchamos

as palabras ata ó oso 

regateándolle

ao silencio todo mérito


                            E nin así acalamos a súa forza


16/7/21

Verde recendo

Finquei o pé
no paseo dos soños.
Magnolio e menta.




22/5/21

En loita

 A memoria.

Acubillo do que fomos,

arrequento do porvir.



23/1/21

A proba


Cando esgaza a pel do tempo,

enfiámola cun sorriso.

9/1/21

De volta


      Somos ferida
      en lardo vivo.

11/7/20

Fun visitar o mar


 

30/3/20

Vilariña

 Léveda


Disque a artesa
fíxose leito,
á cerrada da noite.

1/1/20

Difícil memoria

TeiS

12/12/19

In pueri memoriam

Choiva brava
peta hoxe no teu nome.
Morre a tardiña.

30/10/19

Ollar o chan


Choca de fume.
Fas agoiro do outono
esfarelándote.

25/5/19

Simbiose

Mar de Malpica, Merce Teijeiro