25/5/19

Simbiose

Mar de Malpica, Merce Teijeiro

24/3/19

In memoriam

Cara á Medela
Antigo campo de fútbol de Roás, Almudena Falcón
van todos os camiños
de Taboada.

Grazas por ensinárnolo.

9/2/19

O camiño

Bolboreta de luz
No bosque enorme
labraches as pegadas
xa para sempre.

Seguirémolas.


13/9/18

Novo desterro

Sempre tépeda,
a chaira acólleme
-ben deito dela-
e olla o val e os cumes
na luz dos meus ollos.



27/3/16

Á espreita

Medra a herba.
Só a terra
a escoita...

16/9/15

Orixe

Son quen son
porque veño de onde veño


10/7/15

Transfiguración

O poeta
ollou a chaira
e fíxose río