31/12/21

Vontade de derrama


Nunca hai queixa

             cando prega o dispendio

                                      do albaroque.


16/11/21

Sempre en Saor


A taberna da Inés
estaba escura e sen xente

a estrelecida Demonte
acolle a Galván por sempre
-baixo o voo do falcón-



23/9/21

Ficar sen verbas

 

Chuchamos

as palabras ata ó oso 

regateándolle

ao silencio todo mérito


                            E nin así acalamos a súa forza


16/7/21

Verde recendo

Finquei o pé
no paseo dos soños.
Magnolio e menta.




22/5/21

En loita

 A memoria.

Acubillo do que fomos,

arrequento do porvir.



23/1/21

A proba


Cando esgaza a pel do tempo,

enfiámola cun sorriso.

9/1/21

De volta


      Somos ferida
      en lardo vivo.